O Proxecto Touro desperta o interés de estudantes de xeoloxía e minería nacionais e internacionais

O Proxecto Touro recibiu no último mes a visita de alumnos e alumnas do ámbito da minería e a xeoloxía de universidades de España e Canadá. A nivel estatal, o proxecto foi visitado polos estudantes da Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo e o Máster Oficial en Xeoloxía e Xestión Ambiental dos Recursos Minerais da Universidade de Huelva. A nivel internacional, foron os estudantes do Máster de Xeoloxía Económica da Université du Quebec os que se achegaron para coñecer o xacemento e o proxecto no ámbito xeolóxico e mineiro. Entidades universitarias nacionais e internacionais mostran así o seu interese polo xacemento mineiro de Touro e pola nova proposta de reactivación da produción de cobre e restauración ambiental presentada por Cobre San Rafael. Na visita, os estudantes e futuros profesionais do sector coñecen as claves do Proxecto Touro a nivel mineiro, xeolóxico e ambiental. O equipo de exploración xeolóxica de Cobre San Rafael é o encargado de explicarlles a xeoloxía do terreo, como está distribuído o corpo xeolóxico, como se realizan as sondaxes e como se traballa coas mostras do mineral. Universidades como a de Quebec chegan á Península Ibérica para coñecer os xacementos mineiros de referencia tanto de España como de Portugal, e o xacemento de Touro e O Pino e o proxecto presentado por Cobre San Rafael é un lugar obrigado dentro dun itinerario que tivo parada na mina de cobre e Cinc de Neves-Curvo (Castro Verde, Portugal), Proxecto Riotinto, Proxecto da mina de uranio de Salamanca, As Medulas, a mina de ouro de Boinás e a mina de Corcoesto.
NOTA INFORMATIVA: Cobre San Rafael reitera o seu ofrecemento de diálogo e transparencia e incide en que o Proxecto Touro é compatible con calqueira actividade económica

A empresa comprométese a redobrar o esforzo para explicar as solucións tecnolóxicas que ten a minería moderna europea para evitar impactos negativos. Lamenta á súa vez que se empreguen argumentos sen base técnica xerando unha alarma infundada entre persoas que lexitimamente queren defender os seus medios de vida. Ante a convocatoria dunha manifestación esta mañá en Santiago de Compostela, Cobre San Rafael, desde o respecto a todas as opinións sobre a minería, reitera o seu ofrecemento ao diálogo e ofrece transparencia aos colectivos que, na maior parte dos casos, declinaron reunirse cos expertos do proxecto. Incide na importancia de dar a coñecer as claves da reactivación da produción de cobre na histórica mina de Touro e O Pino, hoxe activa na explotación de áridos, entre outras actividades. Cobre San Rafael recoñece as dificultades para trasladar unha mensaxe de confianza a unha parte da poboación que rexeita a minería en Galicia, sen ter en conta que esta actividade é a base das condicións de vida que hoxe gozamos. É máis, a minería de hoxe é unha actividade altamente tecnificada e sostible pero, sobre todo, é fundamental para un futuro baseado nas enerxías renovables. A compañía é consciente que ao sector faltoulle pedagoxía, non só en Galicia. Iso non xustifica que se utilicen argumentos técnicos ou científicos inconsistentes, cando non falsos e inxuriosos. Cobre San Rafael quere insistir en que as propostas técnicas e as medidas de control e seguridade ambiental do seu proxecto son garantía de non afección ás augas e ao medio natural. Ademais, a constante monitoraxe e seguimento por parte de multitude de estamentos administrativos e organismos de control independentes asegurán o correcto desempeño e o cumprimento de todos os parametros que marca a Lei. Desde Cobre San Rafael quérese poñer de manifesto as seguintes consideracións: “Como galegos negámonos a admitir que non sexamos capaces de facer a mesma minería moderna que se leva a cabo en países como Suecia ou Finlandia. A administración ten mecanismos de control e seguimento para garantir que se usan as mellores prácticas como en calquera industria. Cremos que a minería moderna e limpa ten moito que achegar á nosa terra, e que somos parte da solución a algúns dos problemas sociais e económicos que ten o rural, como o despoboamento e a falta de expectativas.” A promotora do Proxecto Touro quere lanzar de novo unha mensaxe de tranquilidade a toda a sociedade galega incidindo en que o escenario exposto por determinados colectivos está moi afastado da realidade dun proxecto mineiro do século XXI. Aquí ofrecemos un contraste dos puntos que esgrimen os partidos e organizacións convocantes da manifestación: Acusan ao proxecto de que a concesión mineira abarca unha área de 122 km². É unha megamina. FALSO: A concesión mineira ten só 7 km². Dos cales 5 son xa mina histórica. Non é unha megamina, máis ben é de pequeno tamaño. Sen ir máis lonxe non chega á metade da mina de As Pontes. Acusan ao proxecto de que a mina é unha seria ameaza para Santiago porque afecta o Camiño de Santiago FALSO: A mina non se ve practicamente desde ningún punto do Camiño. Non só está lonxe deste, senón da súa zona de protección. O impacto visual será practicamente inexistente, e desde logo infinitamente menor que calquera das múltiples afeccións que ten hoxe en día a zona, incluíndo estradas, autoestradas, un aeroporto, polígonos industriais, poboacións, etc., e que, ademais quedarán para sempre, a diferenza da mina que, unha vez acabado o seu ciclo produtivo e tras a restauración, quedará integrada na paisaxe natural. Os peregrinos non van saber que hai unha mina. Acusan ao proxecto de que haberá circulación constante de maquinaria pesada e voaduras regulares que xerarán ruídos e grandes nubes de po en suspensión FALSO: O po que se poida xerar, como en calquera canteira, queda dentro das instalacións; mitígase con rega de pistas, provisións e voaduras. Estas prodúcense unha vez ao día e son practicamente inaudibles fora do perímetro das instalacións. Acusan ao proxecto de que haberá 12 voaduras diarias con explosivos de gran potencia (en trece anos utilizaranse case 20.000 toneladas de Anfo e Goma 2 en máis de 2.000 voaduras) FALSO: Realízase 1 voadura ao día, dividida en pequenas cargas. O explosivo é o habitual que se utiliza en centos de canteiras, minas, derribas, estradas ou túneles en toda Galicia, onde se consomen da orde de 5 millóns de kg ao ano. Por certo, moitos destes elementos atópanse a poucos metros de lugares habitados sen maiores consecuencias, porque as técnicas permiten que os valores de ruído e vibracións mantéñanse por baixo dos estritos límites que establece a lexislación. Acusan ao proxecto de que a mina vai acabar co sector agro-gandeiro da comarca FALSO: A pegada do novo proxecto se lapela cun número mínimo de explotacións agropecuarias, xa que se trata de reactivar a produción de cobre nunha mina xa activa para a produción de áridos: o proxecto ocupa 691 ha, das que Cobre San Rafael terá que adquirir 361 ha. Destas, o 85,5% (306 ha) son de eucaliptos, monte alto e monte baixo. Do resto de hectáreas, 18 pertencen a labradío, 20 a prados e 16 a camiños. Acusan ao proxecto de que se utilizan para o proceso metalúrxico compostos químicos tóxicos e perigosos, mesmo algún que é sospeitoso de producir cancro FALSO: Tanto minerais como aditivos utilizados no proceso industrial permanecen nun circuíto pechado e confinados en medios onde non poden afectar a augas, terreos, persoas ou animais. Están autorizados pola normativa, tanto española como europea. Son biodegradables e de uso común e probado durante décadas en variedade de industria. Non hai ningunha evidencia científica que apoie as manifestacións alarmistas a este respecto. Acusan ao proxecto de que vai realizar verteduras de augas contaminadas ao Ulla a través dos seus afluentes, e isto ten consecuencias na Ria de Arousa FALSO: En primeiro lugar o proxecto mineiro prevé CERO saídas de augas de proceso ao exterior. Opérase en circuíto pechado e non se vai a afectar
Cobre San Rafael denuncia sabotaxes nos seus labores de sondeos en Touro e O Pino

A empresa contratada por Cobre San Rafael para a realización de sondaxes na mina de Touro e O Pino denunciou ante as autoridades os feitos Cobre San Rafael denuncia sabotaxes nos labores de sondaxes nas inmediacións da mina Touro e O Pino. A empresa contratada para a realización dos devanditos traballos interpuxo unha denuncia o pasado 18 de abril alegando que durante a noite dos días 12 e 19 de abril e entre as 13.30 e 16 horas do 17 de abril, un ou varios individuos sabotearon unha máquina perforadora e o grupo electróxeno que lle dá servizo, provocando que ambos elementos deixasen de funcionar. A empresa encargada das sondaxes da mina de Touro e O Pino manifestou na súa denuncia que estes feitos provocaron que en ambas as ocasións “tivesen que desbotar máis de 2.000 libros de gasoil”, supoñendo un custo de ao redor de 1.500 euros, e instalar “novos recambios na maquinaria por valor de ata 9.000 euros”. Cobre San Rafael incide ademais en que leva realizando labores de investigación mineira mediante sondaxes máis de dous anos, case na súa totalidade dentro de leiras de propiedade particular. Os propietarios destas ata o momento sempre permitiron o acceso da maquinaria e a realización dos traballos sen poñer ningún tipo de condición e nun clima de entendemento amigable. É máis, os labores de sondaxe que se están realizando na mina de Touro están convenientemente autorizadas e non teñen ningunha afección ambiental xa que se realizan seguindo as mellores prácticas e as leis vixentes, que inclúen o cementado e selado da sondaxe realizada, restituíndo o terreo ao seu estado natural. Cobre San Rafaelmanifesta a súa preocupación e rexeitamento a este tipo de actos que dificultan o traballo dos profesionais que forman o equipo do Proxecto Touro. Así mesmo quere denunciar unha campaña de acoso xeneralizada por parte de determinados grupos e individuos que en absoluto son representativos do sentir maioritario da comarca e que a falta de argumentos serios adquiren este tipo de comportamentos radicais. Ademais, a compañía quere transmitir o seu compromiso coa proposta mineira presentada ante a administración pública galega confirmando que traballa intensamente na elaboración de informes e proxectos técnicos que complementen a información presentada.
No Día Mundial do Medio Ambiente, Cobre San Rafael reafirma o seu compromiso cunha minería sostible

Hoxe é o Día Mundial do Medio Ambiente, e Cobre San Rafael quere aproveitar este día para reafirmar o seu compromiso coa súa contorna, apostando por unha minería sostible. Isto é, unha minería respectuosa coa contorna, que xestione os recursos naturais de maneira sostible, e que conviva coas demais actividades produtivas. E, por suposto, que garanta a total recuperación da zona de explotación. Por iso, poñemos en valor o noso proxecto de restauración ambiental da mina de Touro e O Pino. E é que o Proxecto Touro é un proxecto mineiro e un proxecto de restauración ambiental que supón unha oportunidade para mellorar as condicións actuais, froito de épocas nas que non había normativa de restauración ambiental. Ao finalizar a actividade, a mina e a súa contorna quedan perfectamente reintegradas no medio ambiente, deixando superficies limpas, seguras e con gran potencial para desenvolvementos alternativos. Na actualidade, as normativas ambientais son, por fortuna, moi estritas. O sector da minería en Europa evolucionou de tal forma que chegou a alcanzar a excelencia na súa responsabilidade co medio. Desta maneira, garántese a compatibilidade das explotacións co resto das actividades produtivas, coa preservación ambiental da contorna e a restauración e reintegración das áreas operativas á paisaxe natural. Convidámosvos a ver este vídeo sobre a restauración de minería ao descuberto de Atalaya Mining, que demostra o compromiso da empresa coa preservación do medio, e a perfecta convivencia de minería e sustentabilidade. Feliz Día Mundial do Medio Ambiente. Por unha minería sustentable, hoxe e sempre.
VÍDEO: “A Maioría Silenciosa”, damos voz as persoas que apoian o Proxecto Touro

Presentamos o vídeo “A Maioría Silenciosa”, co que queremos dar voz a esas persoas que ven no Proxecto Touro unha oportunidade de futuro para a súa terra. Este vídeo amosa as inquedanzas de persoas da comarca en relación á situación actual das súas vilas e como ven na proposta mineira unha oportunidade de futuro para a zona. Con este vídeo fuximos de sensacionalismos e optamos por unha peza en formato documental baseada en conversas con veciños reais e sen ningún tipo de guión. Queremos agradecer tanto ás persoas que prestaron a súa testemuña como ás que nos apoian pero finalmente prefiriron non aparecer. Grazas tamén a todas as persoas que se opoñen ó proxecto, porque nos axudan a mellorar. Entre todos podemos construír un gran proxecto de futuro para a nosa comarca. [:]
Cobre San Rafael xa é membro da Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa

Cobre San Rafael converteuse en membro da Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa (AECA), unha asociación empresarial de referencia nesta comarca á que pertencen Touro e O Pino, municipios nos que a compañía realiza as súas actividades. Cobre San Rafael pon así de manifesto o seu compromiso coa comarca e a súa integración na vida social das empresas locais. A compañía mineira ten como obxectivo afianzar o seu coñecemento sobre a oferta empresarial de produtos e servizos que ofrece a comarca de Arzúa, con vistas a cubrir as súas necesidades de adquisición actuais e futuras. O Proxecto Touro, coas empresas locais Si o proxecto minero de reactivación da mina de cobre de Touro e O Pino recibe o visto bo administrativo, Cobre San Rafael verá incrementada exponencialmente a súa demanda de bens e contratación de actividades externas nunha ampla variedade de sectores. Neste sentido, a compañía mineira mostra coa súa adhesión á AECA o seu total compromiso coas empresas locais que serán claves na posta en marcha do proxecto.
Os expertos en minería argumentan sobre a importancia do sector
Recollemos os principais argumentos e opinións de profesionais do sector da minería de Galicia e España, en artigos publicados en medios de comunicación nos últimos meses. “O 70 % da industria europea depende das sustancias minerais, do mesmo xeito que o crecemento sostible de Europa, como recolle o dictame do Consello Económico e Social Europeo sobre A minería non enerxética en Europa”, asegurou recientemente nun artigo de La Voz de Galicia titulado “A demagoxia non pode acabar coa minería” o socio director do área especializada no sector minero de LENER, Antonio García Muñoz. El mesmo comezaba o seu artigo destacando que “a minería sempre irá vencellada a unha serie de ideas preconcibidas que actualmente pouco ou nada teñen que ver con esta actividade” e que “estes estereotipos en moitas ocasións difuminan a realidade do que hoxe é a minería, un sector estratéxico para Europa e España”. O director da Cámara Oficial Mineira de Galicia, Diego López, tamén sinalou no seu recente artigo en La Voz de Galicia, que “asistimos a unha nova revolución liderada polas tecnoloxías da información e a loita polo cambio climático” o que provoca un aumento exponencial da demanda de materias primas minerais”. López destaca como desde a Unión Europea “se lanzaron medidas destinadas a fomentar a explotación dos xacementos europeos” para garantir o abastecemento desta nova revolución. O líder da Cámara Mineira galega destacou que “segundo Nacións Unidas, a minería pode liderar a consecución dos seus obxectivos de desenvolvemento sostible, xerando e creando emprego e riqueza, garantindo que os beneficios se estendan alén da vida da mina, producindo un impacto positivo no medio natural, o cambio climático e o capital social”. “Ante un proxecto minero, alármase á sociedade” Diego López recordou no seu artigo “como a minería galega non é allea a todo isto” e “xerou hábitats naturais dignos de protección en Begonte, chan industrial en Salvaterra do Miño, infraestructuras verdes nas Pontes, chans de produción agropecuaria en Frades e Mesía ou infraestructuras para auga potable en Cerceda, xerando beneficios máis aló da vida da mina”. Sempre indo da man do “coñecemento científico, con referentes internacionais como foi o Instituto Geolóxico de Laxe, a Escola de Enxeñeiros de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo, e docentes das tres universidades galegas, que contribuíron ao éxito dos proxectos mineros e dos seus rehabilitaciones ambientais”. Respecto ao Proxecto Touro, asegura que “ante un novo proxecto minero, alármase á sociedade, alimentando o medo á réplica dun accidente ocorrido fai 20 anos a case 1.000 quilómetros e que non impediu aos veciños de Aznacóllar manifestarse no 2015 a favor da reapertura da mina“. Deste xeito, explica como “a mina de Touro estivo 13 anos producindo cobre, en peores condicións técnicas e un marco legal e ambiental máis laxo, o que non mermou o desenvolvemento agrícola e ganadero da zona, nin prexudicou o marisqueo na Ría de Arousa”. “A minería podería colocar a Galicia na loita contra o cambio climático” O director dos mineros galegos destaca que a posta en valor da minería en Galicia “diminuiría a dependencia exterior e permitiría a instalación de industrias tecnolóxicas, atraídas pola proximidade aos centros produtivos e a garantía de fornezo” e, ademais “podería colocar a Galicia na vanguardia tecnolóxica na loita contra o cambio climático e contribuiría decisivamente á consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostenible”. “A imaxe de minería como actividade contaminante está desfasada” Tamén o presidente do Ilustre Colexio Oficial de Xeólogos de España, Manuel Regueiro, asegurou nun recente artigo publicado en diferentes medios como Asturias Mundial que “a imaxe tradicional da minería como actividade contaminante e de forte impacto na contorna está desfasada. Non hai ningún proxecto minero hoxe en día que se suscite sen un escrupuloso respecto polo medio ambiente“. Respecto diso, indicou tamén que “existen normas UNE únicas en Europa, que son cada vez máis utilizadas polas empresas mineiras españolas, o que contribúe a un modelo de explotacións mineras compatible co medio ambiente e coa contorna social”. Regueiro fixo fincapé na “certa demagoxia dalgunhas plataformas e grupos medioambientales, que se opoñen sistemáticamente á actividade minera” que “alertan á poboación con argumentos pouco contrastados e acaparan a atención mediática”. Engadiu ademais que “existen estudos que vinculan o aumento da demanda de minerais á redución de carbono” e que “minerais como o litio, cobalto, cobre ou manganeso poderían incrementar a súa demanda un 1000%”. “O pouco familiar dános máis medo que o cotián, aínda que isto sexa máis daniño” O presidente da Sociedade Española de Mecánica de Rocas e director do Departamento de Enxeñaría dos Recursos Naturais e Medio Ambiente da Universidade de Vigo, Leandro Alejano, aseguraba a semana pasada nunha Tribuna en El Correo Galego que “parece que o pouco familiar dános máis medo que o cotián, aínda que isto sexa máis daniño” e “nos países occidentais, aparece un rexeitamento cara á minería, aínda que os riscos sexan similares aos doutras actividades”. Alejano ofrece algúns “exemplos que non son noticia: o oco da mina de Meirama almacena gran cantidade de auga limpa; conectarase ao embalse de Cecebre para abastecer á Coruña. A mina de ouro do Val (Asturias, 1997 a 2008) non produciu ningún problema relevante. As Pontes xerou o maior depósito artificial de terras existente en España. Xa restaurado, alberga unha das maiores densidades de fauna salvaxe de Galicia. Estas e a gran maioría das minas modernas do mundo foron xestionadas tal e como se planificou, sen problemas reseñables”. En relación ao Proxecto Touro, manifestou que “vemos artigos e documentais demonizando esta actividade, baseándose en casos antigos e circunstancias sacadas de contexto. A minería causou vítimas e danos, como a automoción, a aviación, as presas de auga e, en maior medida, a insensatez humana. Moitos profetas predixiron a fin do mundo, e algún día chegará: pregunten aos dinosauros. Ata entón, preocupémonos por facer as cousas ben: con rigor científico e administrativo, e sen dogmatismos nin criterios exclusivamente emocionais”. Artigos completos “A demagoxia non pode acabar coa minería”, Antonio García Muñoz “A minería, clave para o desenvolvemento sostenible”, Diego López
Cobre San Rafael pon en marcha un programa de controles e análisis medioambientais antes do inicio da actividade
Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Proin tincidunt nunc lorem, nec faucibus mi facilisis eget. Mauris laoreet, nisl id faucibus pellentesque, mi mi tempor enim, sit amet interdum felis nibh a leo.
Alberto Lavandeira, CEO de Atalaya: “Temos un proxecto mineiro e mineralúrxico moderno e sostible para Galicia”

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Proin tincidunt nunc lorem, nec faucibus mi facilisis eget. Mauris laoreet, nisl id faucibus pellentesque, mi mi tempor enim, sit amet interdum felis nibh a leo.
Cobre San Rafael e o Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC) emprenden un amplio estudo sobre a calidade do Río Ulla e a Ría de Arousa

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Proin tincidunt nunc lorem, nec faucibus mi facilisis eget. Mauris laoreet, nisl id faucibus pellentesque, mi mi tempor enim, sit amet interdum felis nibh a leo.